miércoles, 19 de abril de 2017

FORMAMOS UN GAS

    MATERIAIS UTILIZADOS:
 5 botellas iguais e un tapón
➤ 5 globos de diferentes cores
➤ Vinagre
➤ Bicarbonato sódico
➤ Un embudo
➤ 5 voluntarios e Trancas e Barrancas
    PROPORCIÓNS:
1 tapón de bicarbonato en cada globo
1-4-7-10-13 tapóns de vinagre nas respectivas botellas

      EMPEZAMOS...
    Trancas e Barrancas presentan os materiais que imos utilizar..

Botamos un tapón de bicarbonato en cada globo co embudo...

 

 
Unha vez que están todos os globos coa mesma cantidade de bicarbonato, procedemos a botar o vinagre pero agora en diferentes cantidades, de menor a maior.
Na primeira botella 1 tapón de vinagre...
...na segunda 4 tapóns, na terceira 7, na cuarta 10 e na quinta 13...
...contamos tod@s en alto o nº de tapóns para que a profe non se despiste...vaia cheiro a vinagre rapaces!!!
    Agora ven a parte máis delicada...colocar cada globo na boca das botellas.
    Unai é o primeiro en levantar o globo vermello para vaciar o bicarbonato do globo sobre o vinagre da botella, o resultado é este..
  
Parece o nariz dun paiaso
Cando se poñen en contacto o vinagre e o bicarbonato, ten lugar unha reacción química. Fórmanse unhas burbullas no interior da botella, éstas débense a que se forma un gas, o dióxido de carbono,
que é o que infla o globo cando se expande.
    Dani levanta o seu globo verde e cae o bicarbonato sobre os catro tapóns de vinagre da botella...Barrancas ten medo!!!
Martín fai o mesmo pero agora son 7 os tapóns de vinagre....
Trancas parece moi tranquilo e atento
Xabi levanta o seu globo laranxa e bota o bicarbonato sobre os 10 tapóns da botella...
E por último, Raúl levanta o amarelo e cae o bicarbonato sobre os trece tapóns de vinagre...

E COLORÍN COLORADO ESTE EXPERIMENTO ESTÁ REMATADO








CICLO DA AUGA

A mellor maneira de explicar o ciclo da auga na natureza, é comprobando, de maneira sinxela, que a auga azul da bolsiña, igual que a auga dos mares e océanos, evapórase coa calor do Sol...

Nos mares e océanos evapórase unha cantidade de auga enorme que sube a atmósfera e forma nubes que logo descargan a auga en forma de choiva, saraiba ou neve. Esa auga vai parar de novo aos mares e océanos completando así o ciclo...


Na bolsa evapórase e condénsase a auga coa calor do Sol para logo baixar outra vez ao "noso mar" azuliño.